Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20978

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 31 de marzo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan, para vinculación temporal, por concurso de méritos, diversas prazas de diferentes especialidades do persoal licenciado sanitario.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma I.2 do pacto de selección temporal do persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade (Diario Oficial de Galicia núm. 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (Diario Oficial de Galicia núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, as prazas de facultativo especialista de área que se relacionan no anexo da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación á cal se refiren as súas bases, presentaranse dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Rexistro Xeral da dita xerencia, sito no Hospital Arquitecto Marcide; avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, no Punto de Atención ao Traballador/a (PAT) da Dirección de Recursos Humanos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ferrol, 31 de marzo de 2014

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Especialidade

Prazas

Admisión e Documentación Clínica

1

Anestesia e Reanimación

1

Aparello Dixestivo

1

Cardioloxía

1

Pediatría e as súas áreas específicas

1

Radiodiagnóstico

2

Uroloxía

1