Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 20964

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 7 de maio de 2014, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a comunicación do director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia en que participa o Plan de cobertura da Televisión de Galicia e da Radio Galega das eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o 25 de maio de 2014.

En cumprimento do previsto no punto quinto da Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central (Boletín Oficial del Estado núm. 74, do 28 de marzo), de interpretación do artigo 66 da LOREG, no relativo a recursos contra os plans de cobertura informativa da campaña electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da comunicación do director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., en que participa o Plan de cobertura da Televisión de Galicia e da Radio Galega das eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o 25 de maio de 2014, que inclúe previsión de debates e entrevistas que se celebrarán coas forzas políticas e que emitirán ambos os medios.

De conformidade co establecido na mencionada instrución, as entidades políticas afectas poderán examinar a devandita programación nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da Audiencia Provincial, planta primeira, rúa Capitán Juan Varela, s/n, da cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación do presente acordo, e formular as reclamacións ou recursos que consideren pertinentes.

A Coruña, 7 de maio de 2014

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña