Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal (A Franca).

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 28 de abril de 2014, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Outeiro de Rei, delimitación do núcleo rural común da Franca.

En cumprimento do disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na Secretaría municipal, en horario de oficina, e na páxina web do concello www.outeiroderei.org, e se poderán formular as alegacións e observacións que se consideren pertinentes.

Outeiro de Rei, 30 de abril de 2014

José Pardo Lombao
Alcalde