Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34130

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e na disposición derradeira primeira da Orde do 12 de xuño de 2014 (DOG do 20 de xuño) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14, modificada pola Orde do 20 de xuño de 2014 pola que se corrixen erros da Orde do 12 de xuño de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2013/14 (DOG do 25 de xuño),

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos ou candidatas.

1. As probas celebraranse o día 9 de setembro de 2014 de acordo co seguinte horario:

– Presentación dos candidatos ou candidatas ás 9.30 horas.

– Primeira parte da proba de 10.15 ás 12.15 horas.

– Segunda parte da proba de 12.45 ás 13.45 horas.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– CIFP Someso. Rúa Someso, nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 19, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos e candidatas.

a) Os candidatos e candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

Tribunal:

Presidente: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

• Berta Estrada Arias, inspectora de Educación.

• Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.

• José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.

• Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación.

• Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

• Luis Mateo Sáez Abuín, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Secretario: Miguel A. Rodríguez Méndez, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.