Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37297

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data:

Os días 14, 16, 21, 23 e 28 de outubro de 2014.

4. Lugar de realización:

Academia de Formación Newton.

Rúa Maciñeira, nº 32, baixo, Pol. Ind. Sete Pontes.

27800 Vilalba (Lugo).

5. Número de prazas:

30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 14.10.2014

15.30-19.45 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 16.10.2014

15.30-19.45 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas de datos de seguridade.

Día 21.10.2014

15.30-17.45 h

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

17.45-19.45 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 23.10.2014

15.30-19.45 h

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Día 28.10.2014

15.30-19.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Pragas de roedores, pragas de aves, métodos de loita.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2014

(Por delegación de sinatura do 21.7.2014)
Ángel Gómez Amorín
Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 14, 16, 21, 23 e 28 de outubro de 2014.

Lugar de realización do curso:

Academia de Formación Newton.

Rúa Maciñeira, nº 32, baixo, Pol. Ind. Sete Pontes.

27800 Vilalba (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 15.30-19.45 h.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto con unha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pago a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., avda. Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 (A Coruña). Tel.: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59, correo electrónico comercial@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa:

CIF:

Enderezo:

Localidade:

Telf: Fax:

Correo electrónico:

Apelidos:

Nome:

NIF: