Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de xuño de 2014, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de uso da concesión administrativa para a ocupación dunha superficie de dominio portuario, para a construción dunha nave con destino a instalacións de manipulación, depuración e cetaria de pesca e marisco no porto de Portocubelo (expediente 12-37-03-C-1).

Grabiel Lestón Romero solicita unha modificación substancial por ampliación de uso de expedición da concesión administrativa de ocupación de superficie de dominio público portuario para a construción dunha nave con destino ás instalacións de manipulación, depuración e cetaria de pesca e marisco no porto de Portocubelo, con base na Memoria de explotación da nave almacén do porto de Portocubelo e o plano de localización e superficies.

O que se fai público, para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE num. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña a, 23 de xuño de 2014

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia