Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de procesamento, selección e clasificación de materiais navais para posterior reciclaxe, promovido por Metalships and Docks, S.A.U., no porto de Vigo en Teis pertencente ao concello de Vigo (expediente 2012-SC-I-00290).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE núm. 23, do 26 de xaneiro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposto en horas de atención ao público o estudo de impacto ambiental para as instalacións do proxecto referido no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes. A documentación que se expón será:

«Libro 1/4: Estudo de impacto ambiental do proxecto de procesamento, selección e clasificación de materiais navais para posterior reciclaxe».

«Libro 2/4: Anexo documental do proxecto de procesamento, selección e clasificación de materiais navais para posterior reciclaxe».

«Libro 3/4: Documento de síntese do proxecto de procesamento, selección e clasificación de materiais navais para posterior reciclaxe».

«Libro 4/4: Anexo-Alegacións do proxecto de procesamento, selección e clasificación de materiais navais para posterior reciclaxe».

Para isto poranse á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, exemplares da citada documentación nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Control da Xestión de Residuos e Calidade dos Solos (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xefatura Territorial de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43-1º-4º, 36003 Pontevedra).

• Concello de Vigo (praza do Rei, 1, 36202 Vigo (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental