Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38329

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (284/2013).

Execución de títulos xudiciais 284/2013.

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 608/2013.

Sobre: despedimento.

Demandante: Beatriz Gómez Reino.

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro.

Demandada: Xestunor, S.L.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 284/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Gómez Reino contra Xestunor, S.L., sobre despedimento, se ditou auto en data 19 de maio de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Beatriz Gómez Reino coa entidade Xestunor, S.L., e condeno esta a que lle aboe á executante a cantidade de 6.025,96 euros en concepto de indemnización e 6.852,33 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que no caso de non dar cumprimento a esta resolución continuará a presente como execución pecuniaria polo importe total de 12.878,29 euros incrementados con 1.287,829 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xestunor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2014

A secretaria xudicial