Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 11 de setembro de 2014 Páx. 38323

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes.

De acordo co artigo 29 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e cos artigos 68 e 69 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 282/2003, do 22 de maio; e de conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 3/2014, este consello

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderá concorrer a estas prazas o persoal funcionario que reúna as condicións que para cada posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Consello Consultivo de Galicia (rúa Algalia de Abaixo 24-2ª planta, Santiago de Compostela) ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. De conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, será requisito indispensable ser funcionario/a da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou do Estado.

Sexto. Esta convocatoria será resolta pola Presidencia Consello Consultivo de Galicia.

Sétimo. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os dous ou un dos postos de traballo, de se considerar oportuno.

Oitavo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade que o novo destino, ou dun mes, de tratarse de distinta localidade ou se comporta o reingreso ao servizo activo; prazo que se computará desde o día seguinte ao do cesamento, que se efectuará dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de reingreso ao servizo activo, comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO I

Denominación: secretario/a do/da presidente/a.

Código de posto: CCG 035.

Nivel: 20.

Centro de destino: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1/C2.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 6.083,52 €.

Adscrición a administracións públicas: adscrición indistinta a persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou do Estado.

Formación específica: mecanografía/tratamento de textos informáticos (requisito indispensable).

Para persoal doutra Administración: curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

Denominación: secretario/a de conselleiro/a.

Código de posto: CCG 038.

Nivel: 20.

Centro de destino: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1/C2.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 6.083,52 €.

Adscrición a administracións públicas: adscrición indistinta a persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, doutras comunidades autónomas ou do Estado.

Formación específica: mecanografía/tratamento de textos informáticos (requisito indispensable).

Para persoal doutra Administración: curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file