Advertidos erros na Orde do 10 de setembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 183, do 25 de setembro, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 42153 da dita orde, debaixo do primeiro parágrafo, elimínase o logo que aparece.
Incorpóranse na dita orde os anexos I, II, III, IV, V e VI cos seus correspondentes logos de identidade da Consellería de Medio Rural e Mar, do Feader, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e da marca Galicia.
Estas correccións non modifican os prazos da orde.