Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014049TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 12 setembro de 2014, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2014049TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Pérez Costas, C.B., (Pub La Belle Epoque).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Pérez Costas, C.B. (Pub La Belle Epoque) o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento daquela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2014049TA-PO.

Denunciada: Pérez Costas, C.B. (Pub La Belle Epoque).

DNI/CIF: 78736509B.

Último enderezo coñecido: rúa Eduardo Pondal, 11, 36940 Cangas (Pontevedra).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3.1, 7.u), disposición adicional terceira, 19.2.d), 19.3.b), 19.3.i) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 1.277 €.