Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2014/051-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número expediente: IN407A 2014/051-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CT, RBTS de Cimadevila.

Situación: concello de Frades.

Características técnicas:

1. Instalación e montaxe do centro de transformación Cimadevila, interior en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo un transformador de 160 kVA e 3 celas de media tensión: dúas celas de entrada/saída de liñas e unha cela de protección mediante fusibles do trasformador, todas elas con illamento e corte en SF6.

2. Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre o apoio existente nº 15 da LMTA de San Martiño a Cimadevila (expediente 2.007/537) e o CT Cimadevila en proxecto (denominado circuíto 2), simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×( 1×240 kA1 + Hl6), de 566 metros de lonxitude.

3. Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión mediante empalmes unipolares entre o CT Cimadevila en proxecto e liña de media tensión subterránea existente con destino ao CT Pedreira (denominado circuíto l) simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-ZOL 12/20 kV 3×(1×240 kAl + H16),
de 66 metros de lonxitude.

4. Saída de rede de baixa tensión desde o CT Cimadevila en proxecto, para interconexión coa rede existente. Constará de dous circuítos (denominados circuítos 1 e 2), da seguinte forma:

Un pequeno tramo de rede subterránea con dobre circuíto de lonxitude 7 metros, con condutor tipo XZI-0,6/1 kV 4×(1×240 Al), con orixe no cadro de baixa tensión do CT e final nun novo apoio de formigón, tipo HV 11/800, que se vai instalar na fachada do edificio do novo centro de transformación.

Un tramo de rede aérea dobre circuíto de lonxitude 18 metros, con condutor tipo
XZ1-0,6/1 kV 4×(1×24O Al), con orixe en novo apoio de formigón, tipo HV 11/800, que se vai instalar na fachada do edificio do novo centro de transformación, e final en apoio de formigón existente, cruzando a estrada dependente da Deputación da Coruña, CP-3802.

5. Saída de rede de baixa tensión desde o CT Cimadevila en proxecto, para interconexión coa rede existente, mediante tres pasos de subterráneo a aéreo en tres apoios de formigón existentes. Constará dun circuíto (denominado circuítos 3), composto por condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4×(1×240 Al), e unha lonxitude total de 397 metros. No apoio existente nº 15 da LMTA de San Martiño a Cimadevila (expediente 2.007/537), tipo HVH-4500/15, acondicionarase conforme o reflectido no plano adxunto de detalle nº DET-02, para dotar este apoio dunha conversión aero-subterránea para o inicio do treito de liña subterránea de media tensión denominada circuíto 2.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña