Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (153/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 153/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Exdesgal, S.L. (anteriormente Excavaciones Amancio Vidal, S.L.), sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Decisión:

Estímase a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Amancio Vidal, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.294,43 euros en concepto de principal e recarga por mora.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes indicando que fronte a ela non cabe interpor recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Exdesgal, S.L. (anteriormente Excavaciones Amancio Vidal, S.L.), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 10 de outubro de 2014

A secretaria xudicial