Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (471/2014 bis).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 471/2014 bis por instancia de Julio Lamas Varela contra Automóviles Carlos Piñeiro, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales se ditou sentenza o 2 de outubro de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión.

Estímanse as demandas interpostas por Julio Lamas Varela fronte a Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguido con data da presente resolución o contrato de traballo que unía o traballador coa empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L.

– Declárase improcedente o despedimento da demandante de data 15 de abril de 2014.

– Condénase a empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 22.575,30 euros en concepto de indemnización e a cantidade de 20.139,60 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento; estas últimas devindicaron o xuro moratorio do 10 % previsto no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Automóviles Carlos Piñeiro, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de outubro de 2014

A secretaria xudicial