Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 6 de novembro de 2014 Páx. 46598

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997 conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

– Novembro 2014: 24, 25, 26, 27 e 28.

– Decembro 2014: 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17.

4. Lugar de realización:

Academia de Ensinanza Newton

Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo

27800 Vilalba (Lugo)

5. Número de prazas:

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Día 24.11.2014

9.00-10.00 horas

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo; temporalización e dinámica de grupo (toma de contacto).

10.00-11.30 horas

Praguicidas. Clasificación.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-13.00 horas

Praguicidas. Clasificación.

13.00-14.15 horas

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

Día 25.11.2014

9.00-11.15 horas

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

11.15-11.30 horas

Descanso.

11.30-14.15 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

Día 26.11.2014

9.00-10.00 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda II. Lexislación II.

10.00-11.30 horas

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-14.15 horas

Formulacións. Preparación. Equipamentos de aplicación.

Día 27.11.2014

9.00-9.45 horas

Formulacións II. Preparación II. Equipamentos de aplicación II.

9.45-11.30 horas

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-12.30 horas

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

12.30-14.15 horas

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 28.11.2014

9.00-10.45 horas

Raticidas para ratas e ratos II. Desratización activa e pasiva.

10.45-11.30 horas

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-12.15 horas

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

12.15-14.15 horas

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

Día 9.12.2014

9.00-11.30 horas

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-13.15 horas

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

13.15-14.15 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

Día 10.12.2014

9.00-11.30 horas

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

11.30-11.45 horas

Descanso

11.45-14.15 horas

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

Día 11.12.2014

9.00-10.00 horas

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

10.00-11.30 horas

Precaucións e normas de seguridade.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-14.15 horas

Precaucións e normas de seguridade.

Día 12.12.2014

9.00-11.30 horas

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-14.15 horas

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 15.12.2014

9.00-11.30 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-14.15 horas

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

Día 16.12.2014

9.00-10.00 horas

Exercicios prácticos e demostración/exemplificación con EPI.

10.00-11.30 horas

Traballo en pequenos grupos sobre a análise de casos actuais (noticias, sucesos, ...) relacionados cun tema do programa formativo.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-14.15 horas

Posta en común/debate en gran grupo sobre o traballo de cada equipo.

Día 17.12.2014

9.00-11.00 horas

Resolución de dúbidas.

11.00-11.15 horas

Descanso.

11.15-12.45 horas

Traballo con exercicios relacionados co temario xeral.

12.45-14.15 horas

Exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas:

– Novembro 2014: 24, 25, 26, 27 e 28.

– Decembro 2014: 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17.

Lugar de realización do curso:

Academia de Ensinanza Newton

Rúa Rouco Varela, nº 24, baixo

27800 Vilalba (Lugo)

Duración: 60 horas teórico/prácticas.

Horario: das 9.00 ás 14.15 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) a atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, xunto coa:

– Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos..................................................................................................................................

Data de nacemento..............................................................................................................................

NIF/DNI...............................................................................................................................................

Enderezo............................................................................................................................................

CP..............................................

Localidade.....................................................................................

Teléfono.....................................

Correo electrónico..........................................................................