Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49535

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4667/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4667/2012 desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridad España, S.A. contra Viproga, S.A. e Adrián Romero González sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos que considerando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Securitas Seguridad España, S.A. contra a sentenza do 9 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en proceso sobre salarios, promovido por Adrián Romero González fronte á empresa recorrente e outra debemos revogar e revogamos en parte a sentenza recorrida absolvendo á empresa Securitas Seguridad España, S.A. das pretensións na súa contra deducidas e mantendo na súa integridade o resto de pronunciamentos.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

A secretaria xudicial