Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49539

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (191/2014).

Xuízo verbal 191/2014

Sobre: outros verbal

Demandante: Míguez Cutrín, S.L.

Procurador: Manuel Merelles Pérez

Avogado: José Mª Sánchez Lucas

Demandada: Alvapol Couselo, S.L.

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento JVB 191/2014, seguido por instancia de Míguez Cutrín, S.L. fronte a Alvapol Couselo, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 100/2014.

Xuízo verbal 191/2014.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Míguez Cutrín, S.L.

Avogado: Sr. Sánchez Lucas.

Procurador: Sr. Merelles Pérez.

Demandada: Alvapol Couselo, S.L. (en rebeldía procesual).

Obxecto: reclamación de cantidade.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2014.

Decisión:

Estimo integramente a demanda presentada por Míguez Cutrín, S.L. contra Alvapol Couselo, S.L. e, en consecuencia:

– Declaro que a entidade demandada non cumpriu o contrato concertado coa entidade demandante ao non aboar a totalidade do prezo convido.

– Condeno a entidade demandada a aboarlle á demandante a suma de 4.182,79 euros, incrementada cos xuros previdos na Lei 3/2004 de medidas de loita contra a morosidade en operacións mercantís, xuros que se devindicarán desde a data de vencemento da respectiva factura.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interporse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpor o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior Sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Alvapol Couselo, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

A secretaria xudicial