Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha modificación substancial de autorización ambiental integrada.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á modificación substancial da autorización ambiental integrada que se relaciona a continuación, que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou
ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 5 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula declaración de impacto ambiental e se modifica (por modificación substancial) e refunde o texto da autorización ambiental integrada dunha granxa que Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren) posúe no concello de Celanova (Ourense): granxa porcina A Chaira. Nº de rexistro 2007/0092_NAA/IPPC_182.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental