Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización do contrato do servizo denominado Punto de Encontro Familiar da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 70/2014.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21037

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo denominado Punto de Encontro Familiar da Coruña.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 169, do 5 de setembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: cento oitenta e sete mil douscentos setenta e catro euros (187.274,00 €) aos que se enganden trinta e nove mil trescentos vinte e sete euros con cincuenta e catro céntimos (39.327,54 €) que corresponden ao IVE (21 %) polo que o importe total do expediente de gasto é de douscentos vinte e seis mil seiscentos un euros con cincuenta e catro céntimos (226.601,54 €).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de novembro de 2014.

b) Contratista: Fundación Meniños.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: cento sesenta e catro mil oitocentos euros (164.800,00 €).

e) Data de formalización: 3 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar