Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2015 pola que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia das resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores (infracción grave), ou ben de imposición de multa coercitiva, incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (LEG) e pola Lei 8/2013, do 28 de xuño (LEGa), por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente SANC/19/14 e dous máis).

Esta Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas, e en materia de execución (multas coercitivas) de resolucións sancionadoras anteriores ditadas nestes expedientes, segundo se relacionan no anexo.

Nas ditas resolucións sancionadoras, ademais de impoñeren sanción de multa nos casos que se indican (sinalando «Resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigos 47.3 e 47.4 da LEG e 64
e 68 da LEGa), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas e de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante. No caso da imposición de multa coercitiva, advírtese da posible reiteración desta no caso de incumprimento do deber de restitución ou reposición ao estado anterior á comisión da infracción.

Intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo da Delegación da Axencia na provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o presidente da Axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: SANC/19/14 Ref. Bis: 46/14, Pontevedra.

Denunciada: Johanna Camphuis Imene.

Último enderezo coñecido: Vigo.

Feito denunciado: instalar cerramento en terreos de dominio público da estrada.

Estrada: PO-317.

Resolución: sancionadora.

Expediente, provincia: SANC/21/14 Ref. Bis: 26/14, Pontevedra.

Denunciados: hrdros. Mª Fuencisla Roca de Togores.

Último enderezo coñecido: Madrid.

Feito denunciado: risco de caída de arboredo.

Estrada: PO-315.

Resolución: sancionadora.

Expediente, provincia: SANC/26/11 Ref. Bis: 382/10, Pontevedra.

Denunciada: Promociones Vilaboa.

Último enderezo coñecido: Pontevedra.

Feito denunciado: deteriorar a beirarrúa.

Estrada: PO-551.

Resolución: multa coercitiva.