Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3618

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1224/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza

Na Coruña o vinte e sete de novembro de dous mil catorce.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1224/2013 seguidos por instancia de María del Pilar Miro del Río, María del Carmen Andrés Fernández e Iván Deza Verdes, asistidos pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a entidade César Corbacho e Hijos, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade (salarios).

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María del Pilar Miro del Río, María del Carmen Andrés Fernández e Iván Deza Verdes, contra a entidade César Corbacho e Hijos, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a César Corbacho e Hijos, S.L., a que aboe aos demandantes as cantidades seguintes polas diferenzas salariais entre maio de 2012 e abril de 2013, así como os salarios de maio de 2013 e a compensación por vacacións non gozadas en 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

– A Iván Deza Verdes, a cantidade de 3.660,42 euros brutos.

– A María del Carmen Andrés Fernández, a cantidade de 1.646,36 euros brutos.

– A María del Pilar Miro del Río, 3.271,48 euros brutos.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a César Corbacho e Hijos, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial