Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 2015 Páx. 3689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 277/2014).

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 15 de decembro de 2014, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar os volumes, completar ou reaxustar as rasantes e concretar as condicións de composición da edificación na parcela E4-1 da rúa Madeira do parque empresarial de Bértoa (Carballo), promovido pola entidade Casas Cube, S.L., segundo a documentación técnica presentada o 3 de setembro de 2014, número de rexistro de entrada 2014010610, asinada pola arquitecta Marta Maneiro González (col. 4517 COAG), que afecta directamente a parcela catastral 6280504NH2868S0001IJ.

Así mesmo, faise constar que o 19 de decembro de 2014 se remitiu á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia autenticada de dous exemplares do documento debidamente dilixenciado polo secretario xeral do Concello.

Carballo, 19 de decembro de 2014

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde