Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 14 de abril de 2015 Páx. 14212

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de marzo de 2015 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase pola necesidade de adaptala á estrutura orgánica do organismo.

En consecuencia, por proposta da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 19 de marzo de 2015, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Os postos de traballo cuxa forma de provisión sexa mediante o sistema da libre designación e estean afectados polas disposicións do proxecto de Lei de emprego público de Galicia, actualmente en trámite parlamentario, deberán axustarse aos requisitos establecidos nelas, unha vez que entre en vigor a nova normativa de función pública.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor con efectos económicos e administrativos do 1 de maio de 2015.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 19 de marzo de 2015, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda de 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file