A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de febreiro de 2015, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/16/2012, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 5.9.2013, 5.2.2014 e 11.7.2014, na cal se lle ordena a demolición dunha vivenda de madeira sobre unha soleira de formigón, dunha edificación auxiliar, unha pérgola e construción dun asador, no lugar de Tralouteiro, San Xurxo, no termo municipal de Ferrol, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Ángel Carreira García e Margarita Díaz Pérez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de reposición, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2015
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística