Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de maio de 2015 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-17-14-129.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a denunciada cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG núm. 190, do 1 de outubro. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectivo en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciada

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-17-14-129

6053-GRM

Celador do porto

María Ángeles Loira Cabodevila.

R/ Fco. Gourie, 17, 2º B, Cruce de Sardina.

35110 Santa Lucía

(Las Palmas)

Estacionamento prohibido.

20.8.2014; 13.04 horas.

Bueu (Pontevedra)

Art. 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM.

Arts. 17 e 64 da

OM do 12.6.1976

Art. 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90,15 €