Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 19 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos RA/VI/2014/00365 e dous máis, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos respectivos recursos, logo de que fosen devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781, Santiago de Compostela, A Coruña.

Fáiselle saber que contra as devanditas resolucións, que esgotan a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez (10) días sinalado ou, de ser o caso, desde o seguinte ao da comparecencia do interesado nesta secretaría xeral técnica.

E para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

anexo

Recurso

Expediente impugnado

Recorrente

Resolución do recurso

RA/VI/2014/00365

P-VU-0083/08

Noela Martínez Oseira

Desestimatoria

RA/VI/2013/00992

L-AQ-0165/07

Rubén López López e Maira Rivas López

Desestimatoria

RA/VI/2013/00917

27-Q-0034/07

Jovana Oroza Castro

Desestimatoria