Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2015/118-1).

Número de expediente: IN407A 2015/118-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 2 recuamento LMT en Tarrío-Finca Torrente (expediente 2007/07).

Concello: Culleredo.

Características técnicas:

Tramos de liña de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,021 km, coa orixe en apoio nº 65 proxectado que se vai intercalar na LMT SBN-717B, no tramo entre a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/08) e a derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398), condutor tipo LA 56 mm2 Al, e final no apoio nº 65-1 proxectado que se vai intercalar na LMT SBN-717B, no tramo da derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398).

Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,116 km, coa orixe no paso aereosoterrado que se vai realizar no apoio nº 65 proxectado que se intercalará na LMT SBN-717B, no tramo entre a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/08) e a derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398), condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no apoio nº 65/1 proxectado que se intercalará na LMT SBN-717B, no tramo entre a derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398) e a derivada ao CT Liñares (expediente 30.816).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de Maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña