Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican os acordos da procedencia de reintegro das axudas do Programa de promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 22 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 28 de abril), relativa aos expedientes TR341D 2010/1380-1 e TR34D 2010/2440.

Intentada a notificación destes acordos e non sendo posible a súa práctica, ao seren devoltos polo servizo de Correos, por esta cédula notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, ao abeiro do indicado nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpoñeren recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con anterioridade e con carácter potestativo poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante esta xefatura territorial, a partir do día seguinte ao desta publicación. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o dereito que teñen a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Salvador de Madariaga, número 9-1º, na Coruña, e a obter, de ser o caso, copia deste acordo, segundo o disposto na letra a) do artigo 35 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 4 de maio de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR341D 2010/1380-1.

Nome: Francisco Javier Hernández Rebollo.

Último enderezo coñecido: rúa Paraguay, 1-3º esquerda, 15140 Arteixo.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da subvención pola primeira contratación indefinida.

Expediente: TR341D 2010/2440-1.

Nome: Camille Pardo Silva.

Último enderezo coñecido: rúa Falcó, 22 ático, 07819 Santa Eulalia del Río (Illes Balears).

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro da subvención polo establecemento como traballadora autónoma.