Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, do contrato de servizos en materia de seguridade e saúde para a vialidade invernal e a conservación ordinaria e extraordinaria das estradas autonómicas da provincia de Ourense (clave OU/15/029.02. AT/010/2015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: + 981 54 49 86.

5º. Telefax: + 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22709

7º. Data límite de obtención da documentación e información: 29 de xuño de 2015.

d) Número de expediente: OU/15/029.02. (AT/010/2015).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contrato de servizos en materia de seguridade e saúde para a vialidade invernal e a conservación ordinaria e extraordinaria das estradas autonómicas da provincia de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Localidade e código postal: Ourense.

e) Prazo de execución: 48 meses. Prórroga: 24 meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71311210-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 323.013,60 €, sen IVE. IVE: 67.832,86 €. Importe total: 390.846,46 €.

b) Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, se é o caso): 484.520,40 €, IVE excluído.

5. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (sen IVE).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data de presentación de ofertas: 29 de xuño de 2015.

b) Modalidade de presentación:

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Edificio Administrativo San Caetano.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22709 con dous (2) días hábiles de antelación á realización do acto público.

9. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20 de maio de 2015.

11. Outras informacións.

a) Idioma (s): galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

b) Modalidades básicas de financiamento ou do pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: segundo o establecido na cláusula 5.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e o parágrafo 13, do prego de prescricións técnicas particulares.

c) Forma xurídica para agrupacións de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

d) Información complementaria: tipo de poder adxudicador: administración rexional. Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

e) A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A), segundo se especifica no 3.6. Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

A apertura do sobre B (oferta técnica) terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22709 , con dous (2) días hábiles de antelación á realización do acto público.

A apertura do sobre C (proposición económica) terá lugar na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22709 , con dous (2) días hábiles de antelación á realización do acto público.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22709

No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas