Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22287

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23.2 da Resolución do 22 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sustentados con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13 de xaneiro de 2015), procédese á publicación das subvencións que se concederon por esta xefatura territorial con base na citada Resolución do 22 de decembro de 2014.

Finalidade da axuda: impulsar a conciliación do traballo e da vida familiar de mulleres e homes adoptando medidas que a favorezan, polo que se considera oportuno realizar unha convocatoria de axudas destinadas á realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, de programas de actividades complementarias e extraescolares nos centros educativos de Galicia sustentados con fondos públicos, que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. As axudas desta convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.481.0, por un importe máximo de douscentos cincoenta mil euros (250.000 euros), estando cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 69.

Norma reguladora: Resolución do 22 de decembro de 2014 pola que se regulan as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sustentados con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Crédito orzamentario: 33.163,27 euros.

Partida orzamentaria: 05.11.312G.481.0 código proxecto 2015 00141.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver o anexo.

Ourense, 20 de maio de 2015

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Crédito asignado: 33.163,27 euros.

Axudas concedidas:

CIF

Entidade

Importe

G32030918

ANPA Colexio Salesiano-Mª Auxiliadora (Ourense)

6.000,00 €

G32013187

ANPA do Colexio Pablo VI, da Rúa (Ourense)

4.800,00 €

G32247157

ANPA do CEIP de Mariñamansa (Ourense)

4.500,00 €

G32173312

ANPA Ben Cho Shey, do C.P. do Pereiro de Aguiar (Ourense)

6.000,00 €

G32011314

ANPA do CEIP de O Couto (Ourense)

3.820,82 €

G32350605

ANPA do CEIP de Luintra. Nogueira de Ramuín (Ourense)

1.235,00 €

G32138299

ANPA do CEIP Irmáns Villar (Ourense)

3.750,00 €

G32118036

ANPA A Galocha. do C.P. da Veiga (Ourense)

3.057,45 €

Importe total subvencións 2015

33.163,27 €