Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45557

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Asturias (Sala do Social)

EDICTO (977/2015).

Evelia Alonso Crespo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Oviedo, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 977/2015 desta sección, seguido por instancia de Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., Tamoin, Talleres y Montajes Industriales, S.A., Cofivacasa, S.A. contra Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., Tamoin, Talleres y Montajes Industriales, S.A., Cofivacasa, S.A., Juliana López Hidalgo, Leibi García López, Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felguera, S.A., Montajes Metálicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Mantenimientos Especializados, S.A., Centurión Española de Coordinación Técnica y Financiera, S.A., Arcelor Mittal España, S.A., Grupo Ferroatlántica, S.A., Construcciones Ruafer, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Ferroatlántica, S.A.U., sobre reclamación de cantidade, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«A sala acorda a rectificación da sentenza ditada pola sala no presente recurso de suplicación, no sentido de incorporar no terceiro antecedente de feito desta o contido dos autos de aclaración da sentenza de instancia en que se dispón a absolución das empresas demandadas Grupo Ferroatlántica, S.A., Ferroatlántica, S.A.U., Arcelor Mittal España, S.A. e Centurión Española de Coordinación Técnica y Financiera, así como da dilixencia de ordenación en que se tivo por desistida a parte demandante da súa demanda contra a mercantil Grupo Ferroatlántica, S.A.

Notifíquese ás partes.

Esta resolución non é susceptible de recurso, sen prexuízo do que poida caber fronte á sentenza ditada.

Pásense as actuacións á letrada da Administración de xustiza para que poidan cumprirse os deberes de publicidade e rexistro do auto.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Estrada, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Oviedo, 23 de outubro de 2015