Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada número 2007/0302/_AIA/IPPC_210 para a ampliación do vertedoiro de residuos non perigosos das Encrobas que Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U. posúe no concello de Cerceda (expediente 2015-IPPC-I-39).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico para a solicitude de autorización ambiental integrada, estudo de impacto ambiental, estudo de impacto e integración paisaxística e proxecto construtivo, realizado por Gas Natural Fenosa Generación en outubro de 2015.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-M-39.

Peticionaria: Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U.

Domicilio social: praza do Gas, 1, 08003 Barcelona.

Localización da instalación: As Encrobas, 15187 Cerceda (A Coruña).

Actividade: vertedoiro de residuos non perigosos.

Descrición: a modificación proposta consiste en verter xesos no depósito actual de residuos non perigosos cando entre en funcionamento a planta desulfuradora prevista para a central térmica de Meirama e ampliar a súa capacidade para dar cabida ao conxunto dos residuos non perigosos xerados pola devandita instalación, isto é, cinzas, escouras, xesos e lodos que non poidan ser obxecto de valorización.

Considerando o incremento de volume e superficie do depósito e a ampliación no tipo de residuos que se depositarán, danse as condicións especificadas no artigo 10, epígrafe 5, da Lei 16/2002, na súa edición definitiva segundo a Lei 5/2013, e procede tramitar a modificación da AAI por tratarse dunha modificación substancial do proxecto.

Verteduras: as augas de vertedura residuais depuradas contan con autorización de vertedura ao río Postigo e son caracterizadas con periodicidade quincenal á saída da depuradora situada ao sur do vertedoiro.