Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-30/2015 RE e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 10 de novembro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-30/2015 RE.

Denunciado: Víctor Jiménez Montoya.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-63/2015 RE.

Denunciado: Constantin Adrian Cirlan.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-64/2015 RE.

Denunciado: Stefan Gabriel Plesca.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-66/2015 RE.

Denunciado: Mihai Ginga.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-71/2015 RE.

Denunciado: Marian Turcu.

Acto notificado: resolución de expediente.