Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica ao titular dun predio afectado a resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada Extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña Lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo, promovida por Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/11-0).

Ante a imposibilidade de notificación ao titular do predio número LU-CE-308, por resultar descoñecido, mediante a presente cédula practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 10 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada «Extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña Lucense para subministración a Burela-trazado no municipio de Cervo», promovida por Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/11-0).

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro de 2015, que no seu anexo se insire a relación de predios afectados entre os que figura o predio número LU-CE-308 coas súas afeccións, que o proxecto da infraestrutura gasista se poderá examinar na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) e que poderá presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao titular descoñecido do citado predio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas