Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (504/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 504/2015

Sobre: despedimento

Demandante: María Dolores Hurtado Ventoso

Avogado: Carlos Alberto Castro Álvarez

Demandado: Chen Jinxiao, Fogasa

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 504/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Hurtado Ventoso contra a empresa Chen Jinxiao, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimando integramente a demanda interposta por María Dolores Hurtado Ventoso contra Chen Jinxiao, debo declarar e declaro a nulidade do despedimento da demandante efectuado pola demandada o 30 de abril de 2015, e debo condenar e condeno a Chen Jinxiao a estar e pasar pola dita declaración e, a non ser realizable a readmisión, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a traballadora demandante María Dolores Hurtado Ventoso con Chen Jinxiao, e debo condenar e condeno a Chen Jinxiao a que lle aboe á demandante a suma de 964,04 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución, e os salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a presente resolución, que ascenden a 4.272,45 euros, dos cales deberán descontarse, se é o caso, as sumas percibidas pola traballadora en concepto de prestación de IT e/ou prestacións por razón do embarazo e maternidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Ministerio Fiscal a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Chen Jinxiao, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

A secretaria xudicial