Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de suspensión cautelar dos usos hoteleiro e residencial comunitario no ámbito da Cidade Histórica con motivo da reforma do PE-1.

A Xunta de Goberno da Cidade de Santiago, na súa sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Ao abeiro do que dispón o artigo 77.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, co fin de estudar a reforma das determinacións do vixente Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para garantir a prevaleza do uso de vivenda,

Suspender o procedemento de autorización dos usos hoteleiro e residencial comunitario no ámbito das seguintes ordenanzas do vixente Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), nas que se establece como uso global o de vivenda:

– Recinto intramuros (RI).

– Áreas urbanas inmediatas (AU).

– Lineais históricos periféricos (LH).

– Rueiros (R).

– Tecidos históricos renovados (THR).

– Implantacións e reformas do planeamento anterior (IR).

O ámbito territorial de suspensión reflíctese graficamente no plano anexo e correspóndese co de aplicación das citadas ordenanzas tipo, segundo o plano número 2 de ordenación (cualificación) do PE-1, coas modificacións puntuais en vigor.

A suspensión afectará non só os actos suxeitos a licenza, senón tamén os sometidos a comunicación previa e/ou declaración responsable.

O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A suspensión será efectiva a partir da súa publicación e terá a duración dun ano, sen prexuízo da que resulte, de ser o caso, do acordo de aprobación inicial da reforma.

Dado o carácter normativo da suspensión, o acordo só resulta impugnable mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do prazo máximo de dous meses contado a partir da publicación.

Do acordo adoptado darase traslado ao Servizo de Licenzas, para o seu coñecemento e efectos que procedan para a tramitación dos procedementos en curso e dos que se inicien con posterioridade á publicación do acordo de suspensión.

A documentación poderá ser consultada na páxina web do Concello de Santiago de Compostela: www.santiagodecompostela.org

Contra o acordo transcrito, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2015

P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade