Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 141

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para o ano 2015.

A Orde do 23 de decembro de 2014, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estableceu as bases reguladoras e convocou para o ano 2015 as axudas a titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor.

Segundo o establecido no artigo 15 das citadas bases e de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Estas axudas fináncianse con cargo ao Plan de desenvolvemento rural sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %, dentro do Convenio entre o Magrama e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Facer pública a aprobación das axudas que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as cales a secretaria xeral técnica de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no desenvolvemento das súas funcións delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión o 20 de novembro de 2015:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 23 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para o ano 2015.

b) Aplicación orzamentaria: 07.05.541B.781.0.

c) Finalidade da axuda: conservación das poboacións de caza menor.

d) Destinatarios: corporacións locais titulares de tecores e institucións sen ánimo de lucro ou agrupacións destas, igualmente titulares de tecores.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

Anexo

Beneficiario

Importe (€)

Sociedade de cazadores de Bande

1.020,00

Sociedade de cazadores de Riós

1.457,40

Asoc. de cazadores de Ladairo

951.00

Asociación de cazadores de Pentes e Barxa

1.920,00

Asoc. de cazadores do Canizo-Tameirón

822.00

Sociedad de cazadores de Pedrafita do Cebreiro

462.00

Societario de cazadores Terra Chá

3.917,40

Sociedad Club de caza y pesca de A Fonsagrada

3.240,60

Clube deportivo coto de caza de Paderne

499.20

Asoc. de cazadores «San Cristovo de Cea»

225.00

Sociedad deportiva de cazadores do Irixo

4,050,00

Sociedade deportiva de cazadores Oseira

915.00

Soc de cazadores Corneira de Avia

1.875,00

Sociedade de caza A Tomiñesa

3.000,00

Sociedad de caza A Peneda

2.540,00

Sociedad de caza A Cañiza

3.000,00

Sociedad de caza La Rosaleña

3.000,00

Sociedad de caza Santa Bárbara das Neves

3.000,00

Sociedad de cazadores de Pazos de Borbén

3.000,00

Sociedad de caza e pesca A Laxe

9.000,00

Sociedade de caza La Mondarizana

3.000,00

Sociedade de caza Xinzo

3.000,00

Sociedad de caza deportiva O Coirego

1.320,00

Sociedad de caza y pesca de Forcarei

1.798,20

Sociedade de caza Vedra

1.980,00

Sociedad de caza Paraveche

1.650,00

Sociedad de caza O Castelo

9.000,00

Club de cazadores Pombeiro y Atán

1.243,97

Tecor Societario O Saviñao-Ribeira Sacra

2.580,00

Asoc. de cazadores Los Castros de Frontón

1.500.00

Asoc. Coto de Quiroga «Eiras»

3.058.80

Asoc. de cazadores Caxigueiras de Taboada

3.000,00

Asoc. de cazadores de Sober

1.545,00

Sociedad de caza San Cibrán-Catoira

600.95

Sociedad de caza y pesca de Lalín

2.043,21

Sociedad de cazadores Vila de Cruces

600.95

Asoc. de cazadores San Huberto

600.95

Sociedad local de Caza y Pesca de Caldas

1.802,84

Sociedad deportiva Río Ulla

65.83

Sociedad de caza Carnotana

1.292,20

Sociedad de caza y pesca Xallas

4.146,10

Sociedad de caza de Coristanco

276.40