Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación do servizo de mantemento da xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 74 e 981 54 42 85 e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.es

juan.luis.ecenarro.tome@xunta.es

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23788

Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes. Para as visitas dos edificios presentarase solicitude previa dentro dos cinco días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio.

d) Número do expediente: 2016-SESE 05-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento da xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia relacionados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: nos lugares indicados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: axustarase ao indicado na letra K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 77311000-3 servizos de mantemento de xardíns e parques e seis máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 2.340.000 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 900.000 €.

Importe total: 1.089.000 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Estarase ao disposto na letra E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, suposto en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no Complexo Administrativo San Caetano.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, a apertura do sobre B, documentación relativa aos criterios non avaliables de xeito automático, terá lugar ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación de proposicións que, de coincidir en sábado ou inhábil, se trasladará ao primeiro día hábil seguinte. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, a lectura da avaliación do sobre B e de apertura do sobre C, a documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas, indicarase oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza