Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Federación Gallega de Asociaciones de Transportes de Viajeros en Autocar (Transgacar).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta secretaría xeral se presentou a acta da asemblea xeral da Federación Gallega de Asociaciones de Transporte de Viajeros en Autocar (Transgacar), do 26 de xuño de 2015, onde se adoptou por unanimidade o acordo de aprobar a modificación dos estatutos.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: asociacións que integren empresas que desenvolven a actividade de transporte de viaxeiros por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan nela o seu domicilio.

– Asinantes: José Carlos García Cumplido (presidente) y Juan Gómez Piña (secretario).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego