Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal consistente en modificar a rede viaria PERI de Rialta.

O Concello Pleno, en sesión do 14 de decembro de 2015, acordou, entre outras cuestións o seguinte:

Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual número 3 do PXOM de Oleiros, modificación da rede viaria no planeamento subsistente PERI de Rialta (rúa Santo Domingo), documento 17714, do 17 de novembro de 2015.

Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito das parcelas catastrais 5412805NJ5051S e 5412806NJ5051S, de conformidade co artigo 77 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De conformidade cos artigos 85.2 e 3 da citada Lei 9/2002, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, de 8.30 a 14.00 horas, durante o prazo de dous (2) meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 21 de decembro de 2015

Ángel García Seoane
Alcalde presidente