Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual número 5 do Plan parcial do sector Parque Tecnolóxico de Galicia.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 16 de decembro de 2015, acordou:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual número 5 do Plan parcial do sector Parque tecnolóxico de Galicia a iniciativa de Ablanal, S.A., nos termos en que consta no expediente.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do plan parcial no Boletín Oficial da provincia de Ourense, todo iso en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, e achegar unha copia autenticada de dous exemplares do plan parcial aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales se ditase acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaria do Concello».

O acto de aprobación definitiva do citado plan foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con data 21.12.2015 en cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

A normativa urbanística e ordenanzas publicáronse no BOP de Ourense número 296, de data 26 de decembro de 2015.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que se puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

San Cibrao das Viñas, 29 de decembro de 2015

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde