A Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.
c) Número de expediente: 96/2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: servizo de limpeza das instalacións das oficinas de emprego da provincia de Ourense.
b) Prazo de execución: 2 anos.
3. Procedemento e tramitación:
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: urxente.
4. Orzamento de licitación: 152.000 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 26.380,17 €.
5. Garantía: definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (S/IVE).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.
b) Enderezo: avenida da Habana, núm. 79, 4º andar, 32004 Ourense.
c) Teléfono: 988 38 60 97. Telefax: 988 38 68 30.
d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es.
7. Capacidade e solvencia das empresas: exíxese clasificación do grupo U, subgrupo 1, categoría A.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que hai que achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo electrónico ou telegrama, no mesmo día.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avenida da Habana, nº 79, 4º andar, 32004 Ourense.
b) Datas: a data e a hora de apertura publicarase na plataforma de contratación coa antelación suficiente.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato (o custo por cada liña deste anuncio é de dez con oitenta e dous euros (10,82 €).
Ourense, 23 de decembro de 2015
P.S. (Decreto 175/2015, artigo 62.3)
David Nuevo Fernández
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Ourense