Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 491

I. Disposicións xerais

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN de erros. Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social.

Advertidos erros no Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, publicado no Diario Oficial de Galicia número 232, do 4 de decembro, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 45749, no artigo 26, número 2, punto 1, alínea e), onde di: «e) A promoción e xestión do carné xove e outros carnés nacionais e internacionais para a mocidade», debe dicir: «e) A promoción e xestión do Carné Xove».

– Na páxina 45749, no artigo 26, número 2, punto 1, elimínase a letra g).

– Na páxina 45751, no artigo 27, número 2, alínea d), onde di: «d) Participar e representar a Galicia na Axencia Nacional do programa Xuventude en acción e promover entre a mocidade galega o dito programa, así como xestionar, avaliar e facer seguimento dos proxectos galegos presentados ao seu abeiro», debe dicir: «d) Participar e representar a Galicia na Axencia Nacional do Programa Erasmus+: Xuventude en acción, e promover entre a mocidade galega o dito programa, así como xestionar, avaliar e facer seguimento dos proxectos galegos presentados ao seu abeiro».

– Na páxina 45751, no artigo 28, onde di: «1. Corresponderanlle a este servizo, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo con dependencia directa do/a director/a xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, as seguintes funcións:», debe dicir: «Corresponderanlle a este servizo, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo con dependencia directa do/da director/a xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, as seguintes funcións:».

– Na páxina 45751, no artigo 28, alínea b), onde di: «b) Elaborar e realizar o seguimento da execución dos instrumentos de planificación de conformidade coa norma reguladora de acción voluntaria, así como o apoio á Subdirección Xeral na planificación dos programas formativos en colaboración con outras entidades públicas ou privadas», debe dicir: «b) Elaborar e realizar o seguimento da execución dos instrumentos de planificación de conformidade coa norma reguladora de acción voluntaria, así como participar na planificación dos programas formativos en colaboración con outras entidades públicas ou privadas».

– Na páxina 45751, no artigo 28, alínea e), onde di: «e) Apoiar a Subdirección Xeral na planificación do desenvolvemento normativo e as liñas de colaboración para proxectos de voluntariado», debe dicir: «e) Levar a cabo o desenvolvemento normativo en materia de voluntariado e establecer as liñas de colaboración para proxectos de voluntariado con outras entidades públicas ou privadas».