José Manuel Gómez Porto solicita unha concesión administrativa para a ocupación de parcela e rampla con destino a nave taller de carpintaría para reparación de embarcacións e varadoiro no dominio público portuario de Lorbé, de acordo co proxecto técnico redactado polo arquitecto Francisco Javier Vázquez Brage.
O que se fai público para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com .
A Coruña, 3 de decembro de 2015
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia