Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María José Carreira Vidal.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso 274/2015 (procedemento abreviado), interposto por María José Carreira Vidal contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 28 de setembro de 2015 (notificada o día 30), que desestima o recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 7 de maio de 2015 (DOG núm. 92, do 19 de maio), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: enfermeiro/a).

A recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe de «Outras actividades».

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos