Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2016 Páx. 2794

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 9 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas, e pola que se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 112, do 16 de xuño de 2015, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 23700 do DOG citado figura como beneficiaria de subvención a seguinte entidade deportiva e cos seguintes datos:

NIF

Federación

Entidade

Provincia

Concello

Puntos

Subvención

G15255789

Fútbol

S.D. Xuño

A Coruña

Porto do Son

5

448,83 €

Trátase dun erro material, xa que na páxina 23743 do DOG citado, na lista de excluídos do punto 3, aparece a entidade citada cos seguintes datos:

Entidade

NIF

Motivo

S.D. Xuño

G15255789

Artigo 6.3 da convocatoria. Non xustifica adecuadamente

Polo exposto, a citada entidade non debe figurar na listaxe de entidades subvencionadas da páxina 23700 do DOG núm. 112, do 16 de xuño de 2015.