Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 11 de febreiro de 2016 Páx. 4898

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2016 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, de 10 xullo, convócanse as actividades de formación para o persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2016 que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.es>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.es/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa e a antigüidade na Administración.

A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) o enderezo de correo electrónico < xestion.egap@xunta.es>.

4. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a seis en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo terán que indicar na solicitude, e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.es> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

Nas actividades formativas encadradas dentro do Plan formativo ofimático de Galicia a proba final de avaliación terá igualmente carácter presencial e desenvolverase na sede da EGAP en Santiago de Compostela.

2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Oitava. Certificado de aproveitamento

Para obter o certificado de aproveitamento, o alumnado deberá ter a avaliación positiva do seu profesorado, quen emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.

Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Valoración

Destinatarios

Localidade/
Modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

LO16001

A aplicación en Galicia da Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local

25

15

Aproveitamento

---

1. Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras Administracións públicas de Galicia.

2. Persoal ao servizo da Administración Pública nos Concellos e nas Deputacións.

Presencial

15.3.2016

5.4.2016

5.4.2016

17.00 a 20.00 h (martes, mércores)

LO16004

A función de control e inspección urbanística nos pequenos municipios

25

25

Aproveitamento

Estatal

0,55 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e persoal técnico dos servizos de urbanismo das entidades locais de Galicia.

Presencial

2.5.2016

12.5.2016

12.5.2016

16,30 a 20.00 h (de luns a xoves)

LO16005

A xurisdición contencioso-administrativa

25

20

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia, dos subgrupos A1 e A2.

Presencial

5.4.2016

26.4.2016

26.4.2016

17,00 a 20.00 h (luns e mércores)

LO16007

Constitución e disolución de consorcios en mancomunidades en Galicia

25

20

Aproveitamento

Estatal

0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habil. de carácter nacional que estean prestando servizos na Admón. local ou noutras admóns. públicas de Galicia e persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

23.5.2016

13.6.2016

13.6.2016

17.00 a 20.00 h (luns e mércores)

LO16010

Fiscalización de subvencións

25

25

Aproveitamento

Estatal

0,50 Autonómica 0,30

1. Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

2. Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia vinculados a intervención.

Presencial

29.3.2016

21.4.2016

21.4.2016

17.00 a 20.00 h (martes e xoves)

LO16016

Racionalización de recursos humanos na Administración local

25

25

Aproveitamento

Estatal

0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e funcionarios dos grupos A1 e A2 e laboral dos grupos I, II ao servizo das entidades locais, os seus organismos públicos e demais entes delas dependentes.

Presencial

7.6.2016

30.6.2016

30.6.2016

17.00 a 20.00 h (martes e xoves)

LO16018

Xestión patrimonial nas entidades locais

25

30

Aproveitamento

Estatal

0,55 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia e funcionarios dos grupos A1 e A2 e laboral dos grupos I, II ao servizo das entidades locais, os seus organismos públicos e demais entes delas dependentes.

Presencial

30.3.2016

2.5.2016

3.5.2016

17.00 a 20.00 h (luns e mércores)

LO16011

Fórmulas de cooperación na xestión de subvencións nos concellos de Galicia

25

15

Aproveitamento

Estatal

0,40

1. Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

2. Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

19.5.2016

2.6.2016

2.6.2016

17.00 a 20.00 h (martes, xoves)

LO16022

Actualizacións lexislativas no ámbito local

25

15

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

10.5.2016

31.5.2016

31.5.2016

17.00 a 20.00 h (martes e xoves)

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

LO16006

Certificado dixital

50

30

Aproveitamento

---

1. Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

6.4.2016

5.5.2016

10.5.2016

Teleformación

LO16008

Contratación electrónica no ámbito local

25

25

Aproveitamento

Estatal

0,55 Autonómica 0,30

1. Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

23.5.2016

20.6.2016

20.6.2016

17.00 a 20.00 h (luns e mércores)

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

LO16002

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

50

18

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

9.5.2016

26.5.2016

31.5.2016

Teleformación

LO16003

A creatividade, unha gratificante ferramenta de xestión

12

12

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Presencial

2.5.2016

11.5.2016

11.5.2016

17.00 a 20.00 h (luns e mércores)

LO16009

Dirección eficaz e xestión de equipos

30

20

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Mixto

30.5.2016

28.6.2016

30.6.2016

Teleformación

LO16012

Información e atención ao cidadán

50

25

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

9.3.2016

4.4.2016

7.4.2016

Teleformación

LO16013

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

---

1. Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

9.5.2016

28.5.2016

31.5.2016

Teleformación

LO16014

Negociación e traballo en equipo

35

25

Aproveitamento

---

1. Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

2. Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Mixta

9.3.2016

4.4.2016

7.4.2016

Teleformación

LO16015

Presentacións de alto impacto

12

16

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Presencial

13.4.2016

27.4.2016

27.4.2016

17.00 a 20.00 h (luns e mércores)

LO16017

Técnicas elementais de arquivos

50

25

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

2.6.2016

27.6.2016

30.6.2016

Teleformación

Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

LO16019

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft office 2010)

50

50

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

7.3.2016

29.4.2016

4.5.2016

Teleformación

LO16020

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft office 2010)

50

30

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

26.5.2016

26.6.2016

29.6.2016

Teleformación

LO16021

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows)

50

30

Aproveitamento

---

Persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Teleformación

29.3.2016

28.4.2016

4.5.2016

Teleformación