Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de reclamación de débeda relativo ás estadías en residencias de maiores.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de un anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Procédese por medio deste anuncio a notificar ao interesado o requirimento ditado no correspondente expediente de reclamación de débeda, ao non ser posible notificala por ignorar o lugar da notificación.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para facer as alegacións que estime oportunas, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias do Servizo de Xestión Económica da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña (Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle que, de non facer alegacións en tempo e forma, deberá aboar os gastos de estadías nos seguintes prazos, segundo o disposto no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria:

– Liquidacións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 20 do mes seguinte ao da notificación.

– Liquidacións notificadas logo do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 161 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

A Coruña, 12 de febreiro de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nome: Antonio Botana Ferreño.

Enderezo: descoñecido.

Expediente: reclamación de débeda por estadías na Residencia de Maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela.