BDNS (Identif.): 302445
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia, e que estea cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2016.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
Cuarto. Importe
Importe total da convocatoria: 299.340 euros.
Número de prazas: 682.
Importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:
Achega das familias (€) |
||||||
Nº prazas |
Custo por praza (€) |
Grupo A |
Grupo B |
Grupo C |
Grupo D |
|
2º bacharelato |
33 |
800 |
100 |
180 |
300 |
350 |
1º bacharelato |
59 |
800 |
100 |
180 |
300 |
350 |
4º educación secundaria obrigatoria |
90 |
550 |
70 |
125 |
220 |
275 |
3º educación secundaria obrigatoria |
120 |
550 |
70 |
125 |
220 |
275 |
2º educación secundaria obrigatoria |
190 |
550 |
70 |
125 |
220 |
275 |
1º educación secundaria obrigatoria |
190 |
550 |
70 |
125 |
220 |
275 |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria