Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12037

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 33/2016, do 17 de marzo, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos (Confapa Galicia), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezasete de marzo de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese Sara Inés Vega Núñez como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos pais e nais, proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos (Confapa Galicia).

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos pais e nais proposto pola Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos (Confapa Galicia), a José Antonio Álvarez Caride.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exerce.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de marzo de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria